Movementos sociais
Un pulo colectivo a prol da nosa lingua
Unha manifestación, que se prevé multitudinaria, percorrerá as rúas de Compostela este domingo a partir das 12 da mañá baixo o lema “Polas fillas dos nosos fillos” e en defensa da lingua propia de Galicia.
A língua do revês
José E. Vicente
A loita das mulleres galegas contra a invisibilidade da endometriose
A asociación QuerENDO agrupa mulleres galegas afectadas por esta doenza e fai unha "chamada á desesperada" para "renovar o compromiso coa loita contra a enfermidade". Contan xa co compromiso de varios eurodeputados e solicitaron unha xuntanza coa conselleira de Sanidade.
A recollida 'porta a porta' en San Sadurniño consegue reducir os residuos xerados
Na iniciativa, posta en marcha en novembro polo Concello co apoio de ADEGA, participan 60 vivendas, que separan as distintas fraccións de lixo e aproveitan o orgánico. "A redución de residuos é moi significativa", destaca a entidade ecoloxista.
Presentan tres propostas para conectar o parque de Belvís sen derrubar a Casa da Xuventude
A Plataforma Cidadá Defender o Público difundiu no serán deste xoves os proxectos que participaron na convocatoria de ideas que lanzou hai unhas semanas. As tres iniciativas manteñen o actual centro sociocultural e abren o parque á praza e ao propio edificio.
Un preso da Lama suma 55 días de folga de fame en defensa dos dereitos dos reclusos
Javier Guerrero, de 33 anos, perdeu xa 20 quilos. Protesta sobre todo polos atrasos nos procedementos xudiciais pola falta de persoal na prisión e nos xulgados, que fixeron que se adiase dende o pasado mes de maio unha posible revisión de grao.
"Abaratar os fármacos é posible se hai vontade política"
Falamos con Carmen Pérez Casas, de Unitaid, entidade que dende Suíza traballa -en colaboración coa OMS- polo acceso de todos os habitantes do planeta aos medicamentos esenciais. Xenéricos, licencias obrigatorias, presión para a redución do prezo fixado polas farmacéuticas..., vías posibles.
Unha coruñesa consegue que Vueling a compense con 400 euros polos atrasos nun voo
Alba Sánchez sufriu un atraso inxustificado de tres horas nun voo que debía levala de Belgrado a Barcelona e denunciou a situación ao Instituto Galego de Consumo a través de FACUA. A indemnización é a fixada por un regulamento do Parlamento europeo de 2004
Mulleres fronte ao cancro e contra unha lei inxusta
A batalla da viguesa Beatriz Figueroa por lograr o recoñecemento da incapacidade laboral para evitar a exclusión das persoas enfermas de cancro inspira a doentes na súa mesma situación.
Marcha Edgewater... Chega Sacyr a Corcoesto?
A próxima cancelación dos dereitos mineiros da multinacional canadense pecha a porta ao proxecto inicial en Bergantiños pero abre a porta á construtora, aliada cunha importante financeira no negocio mineiro, que podería intentar retomar a polémica mina.
Do Kurdistán a Portugal polos dereitos das mulleres
A Marcha Mundial da Mulleres prepara unha serie de accións internacionais que percorrerán Europa entre marzo e outubro, pasando por Vigo en setembro, demandando a erradicación da violencia e a pobreza na vida das mulleres.