"A cidade necesita espazos socioculturais que poidan ser autoxestionados pola xente"
A Plataforma Cidadá Defender o Público-Salvemos a Casa da Xuventude segue coa súa loita social e legal para evitar o derrube do edificio, que o Concello de Santiago teima en levar adiante a pesar de que a Fiscalía aínda non se pronunciou sobre a súa legalidade. Falamos con Jorge Duarte.