Esíxenlle ao Valedor información sobre os recursos presentados contra a reforma da lei do aborto
A Plataforma polo Dereito ao Aborto pídelle a José Julio Fernández unha reunión "urxente" para saber por que os milleiros de escritos presentados ante o Valedor o pasado 22 de febreiro foron trasladados ao Defensor del Pueblo e cal é o proceso que van seguir a partir de agora.