Nigrán loita contra unha autovía que derrubaría medio cento de casas
Case 50 familias ven ameazadas as súas vivendas polo proxecto dunha vía de alta capacidade que o actual alcalde, xunto co resto de grupos e veciños, rexeitara cando estaba na oposición e que agora defende co apoio da Xunta.