"Vimos dunha derrota de moitos anos nos que a esquerda fracasou á hora de trazar os relatos"
Pablo Iglesias, politólogo e presentador de La Tuerka, participou no seminario da UDC e a Rede de Dereitos Sociais Medios, Comunicación e Poder, que se pechou este xoves na Coruña. Falamos con el sobre comunicación contrahexemónica, da organización da maioría social agredida e da relación entre esquerda e cuestión nacional.