Galicia manifestarase contra o ataque a Siria dividida en dúas plataformas
A Coordinadora Galega pola Paz convoca concentracións este martes ás 20.30 horas, mentres que a Plataforma Galiza contra a Guerra o fará todos os xoves a esa mesma hora.
A Coordinadora Galega pola Paz convoca concentracións este martes ás 20.30 horas, mentres que a Plataforma Galiza contra a Guerra o fará todos os xoves a esa mesma hora.
Pais, alumnos e profesores rematan o camiño reivindicativo en Defensa do Ensino Público Galego na Montaña e no Rural e advirten de que só é "un paso máis" nas súas protestas contra os recortes e por unhas escolas con recursos.
Organizacións sociais, culturais, sindicais, políticas, estudantís e cívicas do país presentaron o colectivo que se opón á "agresión imperialista" contra Siria anunciada polos EUA e apoiada por varios países da UE e do G-20.
Cora Peña grava 'Tesouro de Corcoesto', documental sobre o proxecto mineiro que ameaza a comarca de Bergantiños e que busca a través da Rede financiamento e apoio social para darlle á sociedade galega información detallada e en profundidade sobre este conflito. Vídeo no interior.
Persoal, sindicatos e organizacións estudantís concéntranse na apertura do curso contra as "tesoiradas" que deixan a Universidade nunha "situación insostíbel".
Unha trintena de persoas maniféstanse ante o Consulado dos EUA na Coruña, onde se leu un manifesto contra a prevista intervención militar dos EUA que tería "consecuencias imprevisíbeis".
O caso dun veciño da Laracha serve para ilustrar o longo e ás veces infrutuoso proceso que se debe seguir para conseguir a limpeza e deforestación do monte ao redor dunha vivenda, como obriga a lei. Solicitouno por vez en 2007 e despois de anos de denuncias ao concello, Xunta e Seprona, os piñeiros seguen a sete metros da súa casa.
FETE-UGT, CCOO, Confapa e Sindicato de Estudantes anuncian mobilizacións e centran as súas críticas nos recortes de profesorado e de bolsas, os concertos educativos con colexios segregadores e a supresión dos comedores gratuítos.
Os traballadores da planta de Nostián anuncian novas mobilizacións logo de máis dun mes de folga e paros na recollida de residuos na loita pola negociación dun convenio colectivo.
O xuíz indicou que só "dende posicións absolutas ou maximalistas" se pode interpretar que o feito de que un sinal de tráfico non estea en castelán pode eximir do cumprimento das súas indicacións.