A xustiza dálle a razón ao persoal de Povisa, que desconvoca a folga
O Xulgado do Social número 5 de Vigo estimou a primeira das demandas sindicais contra a imposición do convenio provincial no hospital Povisa. Esta sentenza obriga á empresa a retomar o convenio propio e a devolver os cartos descontados ao persoal. O comité de empresa acordou esta tarde desconvocar a folga que iniciara o día 19.