O PP aférrase á "intencionalidade" dos lumes ante as críticas á súa política forestal
Núñez Feijoo, Arias Cañete ou Rosa Quintana poñen o foco no "carácter intencionado" dos lumes, esquecendo que esta é a dinámica habitual no 80% dos incendios que se produciron en Galicia nas últimas décadas. Mentres, a oposición centra as críticas no abandono do rural, a deficiente política de prevención e de limpeza dos montes, nos erros cometidos na reforma da Lei do Monte, e na ineficacia do dispositivo.