Os que teñan cartos "seguirán comendo carne de verdade" e os que non "terán que acudir a esta"
A presentación da primeira hamburguesa sintética e outras investigacións no mundo dos alimentos transxénicos levan o Sindicato Labrego Galego a amosar a súa oposición a este "modelo de produción tiránico" que favorecerá "a exclusión social" e o aumento "do peche das explotacións".