Terase en conta a consulta 'non vinculante' aos pais para fixar a lingua no ensino infantil
A Xunta adecúa cunha instrución o decreto de plurilingüismo ás sentenzas do TSXG. A consulta non será vinculante pero "constituirá un dato moi importante", sinala Valentín García. Tamén se terá en conta o ámbito sociolingüístico e a garantía de equilibrio de ensino.