Por que outro Primeiro de Maio por separado?
Os principais sindicatos galegos volven manifestarse separados malia o éxito das últimas convocatorias conxuntas e da Alianza Social. CCOO e UGT -que se mobilizan xuntos- e CIG seguen apostando pola unidade de acción como "o efectivo e necesario" malia as diferenzas.