Movementos sociais
A UE prohíbe os pesticidas que mataban as abellas
A partir do 31 de decembro de 2013 e durante dous anos non se poderán usar os insecticidas neonicotinoides. A Asociación Galega de Apicultura e Greenpeace celebran a decisión adoptada por 189 votos a favor e 125 contra.
As contas de Praza no primeiro trimestre
Seguindo o compromiso de transparencia que nos fixamos hai uns meses publicamos os datos económicos e de audiencia correspondentes ao primeiro trimestre de 2013.
Un Primeiro de Maio contra a desesperanza
Os sindicatos galegos chaman a saír á rúa porque "hai máis razóns que nunca" para facelo e agardan mobilizacións "masivas" no país contra as políticas "suicidas" do PP.
"Cantas veces temos que dicirlle non a Hidralia?"
Mulleres afectadas pola violencia en Guatemala viaxan á Coruña para denunciar ante a sede da empresa galega a súa intención de construír unha central hidroeléctrica que conta co rexeitamento masivo da comunidade indíxena e cuxo conflito derivou en asasinatos e represión contra os opositores.
O Consello de Europa denuncia malos tratos en cárceres, CIE e comisarías españolas
A institución pídelle a España unha investigación sobre os métodos utilizados nos interrogatorios e un "código de conduta" de mínimos. Tamén esixe que os policías leven identificacións visibles.
Salvemos Cabana agradece "a maioritaria e contundente oposición sindical" ao proxecto mineiro de Corcoesto
CC.OO., CIG, Sindicato Labrego Galego, Unións Agrarias e Xóvenes Agricultores posicionáronse en defensa do postos de traballo asociados ao sector primario e turístico nas comarcas próximas á mina e que se verían ameazados.
Mercenaria pagada con cartos públicos
Merche Santiago
A Xunta asegura que a vivenda social xa está a disposición de Aurelia Rey
Este martes acababa o prazo para que a anciá abandonase a súa vivenda.
SOS Courel defende a proposta de declaración de parque natural
A asociación acusa a alcaldesa de Folgoso, a popular Dolores Castro, de non contar coa opininión dos veciños e ve intereses mineiros da negativa do PP a aprobar a declaración no Parlamento.
Por que outro Primeiro de Maio por separado?
Os principais sindicatos galegos volven manifestarse separados malia o éxito das últimas convocatorias conxuntas e da Alianza Social. CCOO e UGT -que se mobilizan xuntos- e CIG seguen apostando pola unidade de acción como "o efectivo e necesario" malia as diferenzas.
Queremos Galego chama a manifestarse para "non ser estranxeiros na propia patria"
A plataforma convoca a cidadanía á marcha que se celebrará o vindeiro 17 de maio e na que se reivindicará "a bandeira levantada por Rosalía" a prol da lingua.