Movementos sociais
Os informes da Xunta avalan a mina de feldespatos de Xinzo
A Plataforma Veciñal Corno do Monte salienta que "a consellería de Medio Rural tiña que pechar as portas e non deixar dúbidas de que esta veiga é unha zona agrícola, non mineira" e alerta de que 210 postos de traballo están en risco
Críticas ao permiso concedido pola Xunta a Edgewater para buscar ouro en dúas parroquias de Coristanco
Salvemos Cabana alerta de que as prospeccións en 600 hectáreas das parroquias coristanquesas de Cereo e Valenza podería ter "graves consecuencias" sobre a produción "da que está considerada como a mellor pataca de Galicia".
Relánzase a Asociación para a Defensa de Usuarios de Caixas de Aforro
ADUCAB naceu hai quince anos en Vigo por iniciativa de Miguel Quinteiro Nuñez. Relánzase este luns en Ourense para continuar o traballo iniciado pola Plataforma Pola Banca Pública, na que está integrada Asemblea Aberta Ourense - 15M
A comunidade educativa entende o adiamento da Lei Wert como un éxito da folga
Sindicatos de profesorado e asociacións de pais e nais celebran a decisión do Goberno de non aprobar a LOMCE este venres, como estaba previsto, e cren que en parte se debe á mobilizacións nas rúas. Permanecen atentos aos movementos do Executivo, que quere aprobar a lei en xullo
O Goberno apraza a lei Wert para evitar outro estalido social
Sáenz de Santamaría pídelle a Wert un meirande traballo sobre o texto para concitar consensos. As plataformas convocantes cualifican de "éxito rotundo" un paro xeral que cualifican de "maioritario", cun seguimento de entre o 80 e o 90% no país. As manifestacións foron masivas tanto pola mañá coma pola tarde, con preto de 15 mil persoas en Vigo en cada unha das marchas. Galería de imaxes no interior.
Mónica García Prieto reivindica o traballo dos freelance ao recoller o Premio José Couso
A premiada entende o galardón como "un recoñecemento xeral á cobertura da crise de Siria", onde só traballan xornalistas que "non atoparon cabida en medios convencionais"
A sustentabilidade, a debate
BNG, Fundación Galiza Sempre e a Alianza Libre Europea organizan este sábado en Compostela unha xornada sobre "A defensa do territorio" coa participación de numerosos expertos e representantes de colectivos sociais.
O medo muda de bando
Rubén Pérez
Adtlantida.tv: Cara á radiotelevisión libre
Berio Molina (alg-a, escoitar.org...) e Beka (aka Geeksha, co-admin de olholivre.net) ultiman unha rede de aplicacións web e para dispositivos móbiles con ferramentas libres para emitir e consultar material audiovisual. Cofinancian o proxecto a través de Goteo.org
9 de maio, a favor da educación pública
Mariló Candedo
O BNG pide que os 90 mil euros cos que A Coruña subvenciona as touradas vaian a fomento do emprego
O Bloque pregúntalle a Negreira se vai manter a achega de cartos públicos a este espectáculo e denuncia que o Goberno municipal "mantén un veto ideolóxico-político a Galicia, Mellor sen Touradas"