Galicia, un país de vellos pero cos vellos que máis anos viven
É unha das rexións máis envellecidas de Europa, pero tamén das que maior esperanza de vida ten, segundo aclara a Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía, que advirte de que se "poden perder" moitos dos avances acadados neste ámbito por mor da crise e os recortes en I+D+i.