Galicia 2033: Un país minguante e envellecido
O INE deu a coñecer as proxeccións demográficas para os vindeiros 15 anos, nos que Galicia podería perder case 150.000 habitantes, situándose por debaixo das cifras de poboación de 1940. Ademais, a idade media superaría os 50 anos e a porcentaxe de maiores de 65 anos chegará ao 31%