Fala Ceibe denuncia os obstáculos para o uso do galego no Bierzo
O colectivo cultural salienta que a nova web do Consello Comarcal "ignora a presenza do idioma galego no Bierzo occidental" e sinala que "os bercianos galegofalantes sentímonos ofendidos por este trato discriminatorio". Lembra que as leis de Castela-León prevén que na comarca a lingua galega "gozará de respecto e protección"