O Parlamento Europeo pide investigar se as minas de San Fins incumpriron a legalidade
A Comisión de Peticións da cámara avaliou a queixa formulada pola Asociación Petón do Lobo, que denuncia a omisión do procedemento de avaliación de impacto ambiental, o abandono de dúas presas de residuos mineiros, a contaminación das augas con metais pesados e a potencial afectación á actividade marisqueira e á saúde pública.