"Chernóbil non está moi presente na sociedade ucraína, tan só entre a xente maior"
Este martes conmemórase o 30 aniversario do accidente, que provocou a evacuación de máis de cen mil persoas e milleiros de mortes por cancro. O fotoxornalista César Toimil, que visitou oito veces a zona máis afectada, denuncia o esquecemento dos liquidadores, que desmantelaron a central.