"O verdadeiro problema que temos en Grecia é a UE; nunca tivo un plan cos refuxiados"
ENTREVISTA Spyros Galinos é o alcalde de Lesbos, gabado polo seu compromiso cos refuxiados que chegan á illa. Fala claro e carga contra a política europea: "É irracional buscar só os beneficios de participar na UE pero non apoiar solucións cando hai unha crise comunitaria".