"Os gobernos europeos teñen as mans manchadas de sangue, son responsables dos crimes israelís"
ENTREVISTA Manu Pineda é activista pro dereitos humanos na asociación Unadikum e reside habitualmente en Gaza. Na recente invasión militar israelí exerceu de escudo humano para tentar evitar a destrución de hospitais e ambulancias. Este martes ofreceu unha charla en Compostela, este mércores está en Lugo e o xoves en Ourense.