Os datos corroboran as elevadas expectativas xeradas polo primeiro avance, ás 12 de mediodía. No segundo avance, a mobilización do electorado é aínda maior e sitúase seis puntos e medio por riba da de 2020 e case sete por riba da de 2012 e 2016. O dato de participación é só lixeiramente inferior ao rexistrado en 2009 a esta hora (49,34%)
A participación nas eleccións deste domingo está a subir de forma importante. Ás cinco da tarde votara o 49,16% do censo de residentes, máis de seis puntos por riba dos datos de 2020. Os datos corroboran as elevadas expectativas xeradas polo primeiro avance, ás 12 de mediodía, cando fronte ao esperado (nas eleccións que se celebran no inverno a mobilización do electorado adoita concentrarse nas horas centrais), a participación foi só dous puntos inferior á de hai catro anos e situouse por riba dos datos de 2009, 2012 e 2016.
No segundo avance, a mobilización do electoral é aínda maior e sitúase seis puntos e medio por riba da de 2020 e case sete por riba da de 2012 e 2016. O dato de participación é só lixeiramente inferior ao rexistrado en 2009 a esta hora (49,34%). Os avances das eleccións de 2009, celebradas o 1 de marzo, son as que de forma máis doada se poden comparar cos datos que imos coñecendo hoxe.
En relación ás eleccións de 2020, Lugo e Ourense é onde máis aumenta a participación (máis de 7,5 puntos) e A Coruña e Pontevedra onde menos cambios hai (ao redor de 5,7 puntos de suba)
Os datos de participación a esta hora son moi semellantes nas catro provincias. Ourense segue a ser a máis participativa (50,19%), pero con escasa diferenza con Lugo (49,75%), Pontevedra (49,34%) e A Coruña (48,57%), a menos activa. En relación ás eleccións de 2020, Lugo e Ourense é onde máis aumenta a participación (máis de 7,5 puntos) e A Coruña e Pontevedra onde menos cambios hai (ao redor de 5,7 puntos de suba).
En relación ás eleccións de 2009, as cifras son moi semellantes na Coruña, Lugo e Pontevedra e baixan catro puntos en Ourense.
Que se pode esperar da participación nas tres últimas horas de votación? A referencia mínima deberían ser os datos de 2016 (63,75%) e 2012 (63,8%) e un indicador dunha participación elevada podería ser o das eleccións de 2009 (70,45%) ou o de 2005 (68,1%)
Que se pode esperar da participación nas tres últimas horas de votación? Cómpre lembrar que as eleccións de 2020 -celebradas en pleno mes de xullo e durante a pandemia de COVID- rexistraron a abstención máis elevada dende os anos 80 do pasado século (58,8% sen ter en conta o Censo CERA). Polo tanto, un ascenso da porcentaxe de votantes era esperable. A referencia mínima deberían ser os datos de 2016 (63,75%) e 2012 (63,8%) e un indicador dunha participación elevada podería ser o das eleccións de 2009 (70,45%) ou o de 2005 (68,1%). Nas eleccións de 1997 e 2001 a participación moveuse entre o 60,2% e o 62,5%.
Cómpre ter en conta que nas últimas eleccións xerais, celebradas o pasado mes de xullo, a participación en Galicia foi do 73,14%. Porén, as eleccións xerais sempre adoitan ter máis participación que as autonómicas en Galicia, sobre todo nas zonas urbanas.
O concello que rexistra un maior incremento do voto é Ribeira, onde a participación medra vinte puntos, do 39% ao 59%. Cómpre ter en conta que Ribeira votou maioritariamente á dereita nas eleccións de 2020 (o PP obtivo o 52% dos votos e VOX superou o 5%), pero tamén que é un concello que dende o pasado mes de maio goberna o BNG
Comeza a haber grandes diferenzas entre uns concellos e outros, como se pode ver no anterior gráfico interactivo e tamén no mapa que pecha esta información. Chama poderosamente a atención que o concello que rexistra un maior incremento do voto en relación ao ano 2020 é Ribeira, onde a participación medra vinte puntos, do 39% ao 59%. Cómpre ter en conta que Ribeira votou maioritariamente á dereita nas eleccións de 2020 (o PP obtivo o 52% dos votos e VOX superou o 5%), pero tamén que é un concello que dende o pasado mes de maio goberna o BNG.
Hai un gran número de concellos onde a participación aumenta máis de 15 puntos, sobre todo na provincia de Lugo, como Cervantes, Castroverde, Lourenzá ou Monterroso. No outro extremo, tan só hai outo concellos onde a participación ás 17 horas é menos que hai catro anos. Entre eles destaca A Illa de Arousa, pero tamén Avión, Lobios, Maside ou Entrimo.
Nas cidades hai grandes diferenzas entre o aumento da participación en Ourense (+10 puntos), ou Lugo (case +9) e a evolución de Ferrol, onde a participación só medra tres puntos. No medio, Vigo, A Coruña, Santiago e Pontevedra móvense entre os seis e os sete puntos, con datos semellantes á media do conxunto do país.
Nas cidades hai grandes diferenzas entre o aumento da participación en Ourense (+10 puntos), ou Lugo (case +9) e a evolución de Ferrol, onde a participación só medra tres puntos. No medio, Vigo, A Coruña, Santiago e Pontevedra móvense entre os seis e os sete puntos, con datos semellantes á media do conxunto do país
Votan máis as localidades nas que habitualmente gaña a esquerda ou onde domina a dereita? No gráfico anterior comparamos a diferenza de participación ás 17 horas entre as eleccións deste domingo e as de hai catro anos co dominio das forzas progresistas (BNG, PSdeG, GeC) e conservadoras (PP, VOX e Cs) nos comicios de 2020.
Ao igual que sucedía cos datos das 12 horas, a liña de tendencia non amosa unha tendencia excesivamente clara e, polo tanto, non se pode establecer unha relación directa entre a ideoloxía predominante nun concello e a evolución da participación. Porén si comeza a consolidarse unha pequena diferenza que beneficiaría á dereita (maior mobilización nos concellos que no 2020 votaron por forzas conservadoras) pero segue a ser mínima.
Os concellos que no 2020 votaron máis ao PP son os que están a rexistrar un maior aumento da participación. Pola contra, advírtese unha desmobilización nas localidades onde PSdeG e Galicia en Común acadaron maior apoio
Comparemos agora como evoluciona a participación en función da porcentaxe de voto acadada en 2020 por cada forza política. Este gráfico si que nos dá algunha clave máis. Vemos como, de momento, a participación evoluciona máis favorablemente (medra máis ou cando menos descende en menor medida) nos concellos nos que o PP acadou unha porcentaxe de voto maior.
Pola contra, vemos como a participación cae de forma moi importante nas localidades nas que o PSdeG acadou un resultado maior en 2016. E, sobre todo, nos concellos nos que Galicia en Común obtivo un mellor resultado, que son onde menos aumenta a participación.
Tampouco se advirte unha mobilización do electorado por riba da media nas localidades nas que o BNG obtivo un mellor resultado no ano 2020. No caso de VOX tampouco hai grandes cambios
O mapa dos cambios de participación
Finalmente, amosamos aquí un mapa no que se pode ver os concellos nos que máis medra a participación e nos que máis descende en relación ao ano 2020.