Anova pide o voto para o BNG nos comicios europeos do vindeiro 9 de xuño. Ao igual que fixera nas eleccións ao Parlamento galego do pasado 18 de febreiro, a formación liderada por Martiño Noriega e que ten a Xosé Manuel Beiras como referente aposta pola unidade nacionalista nesta nova cita electoral. Este luns Noriega e Beiras compareceron en Compostela coa líder do BNG, Ana Pontón, para escenificar o seu apoio á candidatura liderada por Ana Miranda.
No acto, Pontón agradeceu o apoio e a "altura de miras" de Anova, que fortalece “un espazo en defensa de Galiza, en defensa dos dereitos e das liberdades e en defensa doutra Europa posible”
No acto, Pontón agradeceu o apoio e a "altura de miras" de Anova, que fortalece “un espazo en defensa de Galiza, en defensa dos dereitos e das liberdades e en defensa doutra Europa posible”. O BNG preséntase dentro da coalición Agora Repúblicas, que comparte con ERC, EH-Bildu e Ara Més, unha candidatura na que Miranda ocupa o terceiro posto e á que as últimas enquisas coinciden en outorgar tres escanos. Este resultado outorgaría a Miranda o escano completo durante os cinco anos da lexislatura e non, como sucedeu no último mandato, de forma compartida e rotatoria.
Martiño Noriega subliñou que ás eleccións do 9 de xuño "non só se nos convoca como galegos e galegas", senón tamén “como demócratas”, alertando do “risco evidente do medre” dunhas dereitas e extremas dereitas que “xa son unha realidade”
Para Pontón este "escano galego" non só "representa a unha organización, senón que representa a un País”. Neste senso, a portavoz nacional do BNG pediu o apoio para unha "candidatura de país e a favor da maioría social que quere contribuír dende Galiza a construír esa Europa que se constitúe dende os pobos, dende a defensa da democracia, as liberdades e os dereitos e tamén dende a defensa dun mundo mellor e máis xusto”.
“É máis importante que nunca tamén ter nas institucións europeas unha voz que defenda esa outra Europa posible”, afirmou Pontón, que tamén reclamou “unha Europa da paz” en confrontación a “esta Europa que está claramente subordinada á OTAN, sendo cómplice do xenocidio con Palestina e que quere alimentar un escenario no que se pon en risco a propia supervivencia da Humanidade”.
No acto deste luns Xosé Manuel Beiras lembrou que a idea fundacional da UE pasaba precisamente por
construír "unha Europa dos Pobos", das “comunidades básicas,” e non dos Estados. “Esa era a idea orixinaria de Europa que sempre defendeu e defende o BNG”, afirmou Beiras.
Ana Miranda anunciou que a súa campaña buscará transmitir aos galegos e galegas que a do BNG é candidatura que “vai defender os seus problemas en Europa”, pero tamén a que defenderá “as causas xustas no Parlamento Europeo”
De igual xeito, Martiño Noriega destacou que Ana Miranda "leva moitos anos sendo a voz dos intereses de
Galiza en Europa, pero tamén a voz de todas as causas xustas". E subliñou que ás eleccións do 9 de xuño "non só se nos convoca como galegos e galegas", senón tamén “como demócratas”, alertando do “risco evidente do medre” dunhas dereitas e extremas dereitas que “xa son unha realidade”.
Finalmente, Ana Miranda anunciou que a súa campaña buscará transmitir aos galegos e galegas que a do BNG é candidatura que “vai defender os seus problemas en Europa”, pero tamén a que defenderá “as causas xustas no Parlamento Europeo”
Tamén ela se referiu ao avance da extrema dereita e en referencia á visita e ás declaracións de Javier Milei, emprazou ao PP a “non amparar a eses que están con estes discursos neofascistas pisando o Estado e atacando principios democráticos e liberdades, pobos, feminismo e moitas cousas, como dixemos alto e claro no Parlamento Europeo”.