Na mensaxe contraponse o "ruído" de "quen leva anos gobernando sen escoitar", en referencia ao PP e ao Goberno da Xunta, coa "voz da xente, coa dignidade de quen resiste, empurra e sostén o país mesmo nos momentos máis difíciles"
O PSdeG publicou este mércores 24 a súa mensaxe de Nadal, como nos últimos días fixeron PP e BNG, un vídeo no que o secretario xeral da formación, José Ramón Gómez Besteiro, fai balance dun 2025 marcado polas esperas na sanidade, os problemas de acceso á vivenda, a falta de reforzos no ensino, a preocupación da xente nova polo seu futuro ou os incendios.
Na mensaxe contraponse o "ruído" de "quen leva anos gobernando sen escoitar", en referencia ao PP e ao Goberno da Xunta, coa "voz da xente, coa dignidade de quen resiste, empurra e sostén o país mesmo nos momentos máis difíciles".
Besteiro chama a "volver situar as persoas no centro da política" e reivindica a "escoita como punto de partida" e a "política útil como ferramenta para dar respostas". “Agora toca mirar ao 2026 con máis cabeza, con máis corazón e coa mesma idea de sempre: escoitar, compartir, acompañar e gobernar”, di.
“Agora toca mirar ao 2026 con máis cabeza, con máis corazón e coa mesma idea de sempre: escoitar, compartir, acompañar e gobernar”, di Besteiro
A mensaxe incorpora tamén un momento íntimo, unha conversa coa súa nai que o chama por teléfono no medio da súa intervención avisando de que xa está a familia con todo listo para a cea de Noiteboa e a agardar por el. "Xa sei, Galicia... Pero no Nadal o compromiso tamén é con nós", dille, ao que o líder socialista responde: "o meu compromiso segue como o primeiro día" e engade: cando chama a familia lembras para que loitas cada día.".