Podemos deixa de medrar pero mantén un punto de vantaxe sobre o PP
A edición de xaneiro d'O Mirante, o panorama electoral da Asociación de Medios en Galego, asenta a formación de Pablo Iglesias en primeira posición, e prognostica unha lixeira recuperación do PP e unha caída do PSOE. O BNG volve ao 0,6% de estimación de voto.