Política
A obsesión uniformista
Xoán Antón Pérez-Lema
O 2015 é ano electoral. Xa sabes como votar dende o estranxeiro?
Nos vindeiros meses celebraranse eleccións municipais (o 24 de maio) e xerais (probablemente en outono). Os cada vez máis galegos e galegas residentes fóra de España deben completar unha serie de trámites para poder exercer o seu dereito ao voto.
O recorte á lei do hospital alimenta a treboada no PP de Lugo
O pulso entre Raquel Arias e Elena Candia como posibles aspirantes do PP á Deputación lucense reaviva os tempos de tensión entre Barreiro e Feijóo mentres o líder popular no Concello lucense, Jaime Castiñeira, sofre a erosión das críticas polo incumprimento das promesas de instalar os servizos pendentes no HULA
Masa crítica para a República dos Concellos
Antón Dobao
A Xunta gábase da súa resposta tardía á UE sobre a pesca do xeito
A Consellería do Mar difunde un comunicado para sinalar que a Comisión Europea lle "agradece" un informe sobre a centenaria arte de pesca, a piques de ser prohibida pola tardanza en informar dos gobernos galego e español. As autoridades comunitarias indicáronlle aos xeiteiros que, cando redactaron a súa proposta, non tiñan "ningunha" información.
Os datos estragan o Nadal optimista de Feijóo
O presidente da Xunta felicita as festas nun vídeo no que asegura que no 2014 "por fin volveron algunhas palabras" a Galicia e inclúe nelas "emprego", "recuperación", "sanidade", "industria" ou "investigación". As cifras contradín a maior parte da súa mensaxe triunfalista.
Mato admite que recibiu un bolso da trama Zeta, pero "non ten nin marca"
A conselleira de Traballo xustifica a aceptación dun presente en 2010 porque "non había normativa" que o impedise, se ben a Lei de Transparencia veta os presentes alén da "cortesía" dende o ano 2006
Feijóo teima en que a emigración moza "non é o problema" malia ser o 60% da poboación que marcha
O presidente atribúe aos "agoreiros" a preocupación sobre a marcha de mocidade do país. Mentres, estatísticas oficiais acreditan que a xente nova é maioría entre quen deciden emigrar e reflicten que o saldo migratorio galego é negativo dende hai dous anos.
Besteiro reitera que non pactará nos concellos co PP, que teima na reforma electoral
O líder do PSdeG advirte de que "ningunha formación de esquerdas debería propiciar" gobernos do PP e Feijóo volve pedir que a forza política máis votada sexa primada co goberno.
A UE agarda información da Xunta para decidir se investiga a trama Zeta
A comisaria europea de Emprego, Marianne Thyssen, confírmalle ao socialista José Blanco que as autoridades comunitarias agardan dende o pasado 10 de decembro por "información" dos cursos de formación presuntamente fraudulentos para decidir se inician unha investigación propia.
Ada Colau: "Cómpre ocupármonos das institucións para exercer a democracia real"
ENTREVISTA Tras anos de loita social contra os desafiuzamentos Ada Colau agora é un dos rostros visibles de Guanyem Barcelona, a plataforma cidadá que aposta por "recuperar" a capital catalá. De visita en Galicia para compartir senllos actos con Anova e a Marea Atlántica, Colau apela a "actualizar as formas de participación" e á "altura de miras" nos procesos de confluencia. Subliña que "gañar de verdade é que, goberne quen goberne, se faga o que a cidadanía queira".