A Xunta prevé subvencionar un vídeo de Enrique Iglesias un 70% máis que aos medios en galego
A Axencia Turismo de Galicia, dependente da Presidencia, valora achegarlle á produtora do clip, gravado en Galicia, unha cantidade semellante aos 350.000 euros que puxo para a celebración do remate da Vuelta a España en Compostela o pasado setembro.