Política
"A primeira operación urbanística de Hernández recorda a Conde Roa"
Medra a oposición dentro e fóra do Concello de Santiago á liquidación do proxecto de pisos de alugueiro para a mocidade en pleno centro e a construción de "vivenda libre" no seu lugar. Mentres, o alcalde compostelán culpa da operación ao bipartito da Xunta.
O PP aproba no Congreso o recorte de liberdades
O Executivo central saca adiante a lei de Seguridade Cidadá, a denominada 'lei mordaza', co rexeitamento de toda a oposición, que promete derrogala na vindeira lexislatura. O BNG critica o "estado de excepción" instaurado nun debate no que se expulsou un coro da tribuna.
Podemos irá en solitario ás galegas "a non ser que a xente de Galicia decida outra cousa"
A galega Carolina Bescansa, secretaria de Análise Política e Social de Podemos, reta a Feijóo a debater sobre sanidade, educación, débeda e, "moi especialmente", sobre corrupción. "Ninguén discute que a lingua é un elemento central de Galicia como pobo", di nun encontro coa prensa en Compostela.
A coroa retratada
Suso de Toro
O PP e o bumerán
Antón Baamonde
Xunta e Concello liquidan o proxecto de pisos protexidos para mocidade no centro de Santiago
Agustín Hernández e Ethel Vázquez acordan trasladar máis de 4 quilómetros os pisos protexidos proxectados a 400 metros da Praza do Obradoiro e permitirán que a empresa que os constrúa promova "vivenda libre" no seu lugar.
Unhas 10.000 persoas elixen os consellos cidadáns de Podemos en 19 municipios galegos
A formación comezou xa a campaña electoral para conformar as direccións locais en 45 concellos. En 19 deles os afiliados escollerán os membros do consello cidadán e noutros 26 elixirase tan só un dirixente local nunhas votacións que se celebrarán entre o 26 e o 30 de decembro.
Cando Feijóo pedía que a oposición puidese investigar sen permiso do Goberno
O presidente da Xunta reclamou en 2007 que os grupos parlamentarios puidesen impulsar dúas investigacións por lexislatura aínda que non tivesen maioría e prometeu aprobar a medida ao chegar ao Goberno. Dende o retorno ao poder o PP acumula catorce vetos a comisións de investigación, os últimos sobre o accidente de Angrois e a trama Zeta.
A lei para instalar os servizos pendentes no Hospital de Lugo queda ata sen nome
O pleno do Parlamento aprobará a vindeira semana definitivamente o que queda da iniciativa lexislativa popular para instalar no HULA servizos de hemodinámica 24 horas, radioterapia e medicina nuclear. As emendas do PP dilúen os prazos e os compromisos sobre estas dotacións, prometidas por Feijóo en 2011.
Podemos consolídase como primeira forza cara ás xerais mentres o PP segue a caer
A segunda edición d'O Mirante, o panorama da situación electoral elaborado polo analista Carlos Neira para a Asociación de Medios en Galego, ratifica o medre da formación de Pablo Iglesias e o desplome dos populares duns vinte puntos.
"Louzán usa o seu cargo para facer campaña na Federación Galega de Fútbol"
O PSdeG acusa o presidente da Deputación de Pontevedra de promover actos co mundo do fútbol dende a institución en beneficio da súa candidatura á presidencia. Nun só mandato o ente provincial destinou case 40 millóns de euros a uns 70 campos de herba artificial.