Política
A militancia do PSdeG lanza as súas apostas para as cidades
Os socialistas galegos culminan as súas primarias para as eleccións de maio cunha participación do 80%. Mar Barcón, Francisco Reyes, Beatriz Sestayo e José Ángel Vázquez Barquero optarán ao bastón de mando na Coruña, Santiago, Ferrol e Ourense.
O Papa e a laicidade democrática
Xoán Antón Pérez-Lema
Feijóo censura a "vaidade" na política mentres o PPdeG se proclama "invencible"
Os conservadores revólvense ante as enquisas que auguran que non acadarán a maioría absoluta en ningunha cidade galega nun mitin no que Feijóo dá por cumpridos "máis da metade dos compromisos" da lexislatura
Un alcalde do PSOE e unha alcaldesa do BNG pásanse ao 'baltarismo'
O PP de Ourense presenta a Teresa Barge, rexedora da Bola, e Avelino de Francisco, o seu homólogo de Cortegada, como cabezas de cartel para as municipais de 2015.
O BNG renova aspirantes ás alcaldías en Vigo, Lugo, Ourense e Ferrol
O Consello Nacional do Bloque aproba "por unanimidade" os primeiros treitos das candidaturas BNG-Asembleas Abertas nunha vintena de municipios co propósito, di Vence, de "trasladar a todos os concellos" o "modelo que poñemos en práctica onde gobernamos".
O Consello de Estado desmonta o plan de Rajoy para modificar a lei do aborto
Tras a retirada da reforma do aborto que provocou a dimisión de Ruiz-Gallardón o Goberno central pretendía modificar a interrupción do embarazo das menores de idade a través da lei de protección á infancia. "Unha lei ordinaria non pode modificar unha lei orgánica", evidencian fontes do Consello de Estado.
Feijóo imita a Rajoy e prepara unha comparecencia 'á carta' sobre corrupción
Tras máis de corenta vetos o presidente da Xunta asegura que comparecerá no Parlamento pero non para abordar a trama Zeta, como pide a oposición, senón para "presentar" reformas legais en materia de control de posibles prácticas corruptas. Mentres, o PP anuncia que "renderá contas da súa xestión" cun mitin de todo o Goberno.
Os eurodeputados galegos, entre os máis activos da cámara
Javier Couso, José Blanco e Lidia Senra figuran entre os e as parlamentarias con máis preguntas, intervencións e propostas de resolución nestes primeiros meses de lexislatura, moi por riba do popular Millán Mon. Ana Miranda e Paulo Carlos López desenvolven igualmente un intenso traballo a través dos seus grupos.
Axotadores de elefantes
Xosé Antón Jardón
A picadora de carne
Suso de Toro
Beiras: "Ou a cidadanía varre esta chusma a votos ou a cantazos ou deberá asumir ser escrava"
ENTREVISTA O líder de AGE e Anova explica que non recuncará como candidato á Xunta e anima a Podemos a "apoiar as mareas e alternativas cidadás" e teña en conta que non lle abonda con "ocupar o espazo do PSOE". "En Anova fundamos unha escola e sempre pode haber quen non acaba de entender", sinala.