Feijóo revólvese ante a trama Zeta retorcendo as datas dun contrato do bipartito
O presidente da Xunta retruca á enésima petición de explicacións sobre a presunta rede corrupta asegurando que a Vicepresidencia do bipartito adxudicou un contrato de 65 millóns en funcións, aínda que datos do propio Goberno acreditan que non foi así. O xefe do Executivo revela que o xulgado que instrúe o caso reclama datos sobre cursos de formación dende o ano 2000 e pide a dimisión de Tania Sánchez, dirixente de IU en Madrid.