Política
Mato nega a caída do 40% nas políticas activas de emprego e teima en que soben
A conselleira de Traballo asegura que a Xunta incrementa un 4% orzamento "real" para a promoción do emprego
Sanidade ratifica que cobrará polas ambulancias non urxentes cando o impoña o Estado
A conselleira Rocío Mosquera nega as restricións na asistencia sanitaria para as persoas inmigrantes e os recortes orzamentarios que lle reprocha a oposición en pleno
PP e PSOE únense na Coruña para evitar salpicar a Paco Vázquez co escándalo urbanístico
Néganse a apoiar unha proposta do BNG para emprender medidas xudiciais contra o ex alcalde polo caso 'Relámpago', malia que un informe municipal sinálao como responsable directo.
Morre José Posada, o primeiro en usar o galego no Parlamento europeo
O empresario oursensán foi eurodeputado por Coalición Galega en dúas ocasións nos anos noventa. Mantivo unha intensa actividade en moitas áreas e foi por exemplo un dos principais impulsores da Irmandade dos Vinhos Galegos.
A Xunta insta as universidades a elixir entre recortar soldos de docentes ou despedilos
PSdeG, AGE e BNG repróchanlle a Jesús Vázquez os recortes e o gasto no Gaiás e o conselleiro subliña que as súas contas "contribúen ao obxectivo irrenunciable de reducir o déficit"
Corrupción e bipartidismo
Xoán Antón Pérez-LemaPachi Vázquez volve abrir a porta a adiar o congreso do PSdeG ao outono
O secretario xeral dos socialistas explica que a súa "ilusión" é que a formación que encabeza sexa "a primeira federación" do PSOE en renovarse "co novo modelo" interno, que será aprobado nunha conferencia política en outubro
Feijóo chama a tomar exemplo dos "avós" para "queixarse menos e traballar máis"
O presidente da Xunta recomenda "tomar como referencia aos ciclistas" para "gañar a volta da crise" durante o acto de presentación da edición de 2013 da Vuelta Ciclista a España, no que tamén "invocou a figura do apóstolo Santiago"
A Xunta privatiza a autovía Dozón-Ourense "para reducir débeda"
Unha empresa privada xestionará ata 2057 o treito libre de peaxe da vía que serve de enlace da capital ourensá con Compostela por uns 1.500 millóns de euros
O reloxo do congreso xa corre no PSdeG
Orozco, presidente do partido, sitúa o cónclave "antes do verán" e descarta, a efectos prácticos, a posibilidade de que a renovación agarde á modificación dos estatutos federais, no outono. Pachi Vázquez reitera que non lle pediu a Rubalcaba un ano máis na secretaría xeral.
Do caciquismo clásico ao apartheid baltarista
Xosé Lois Carreira