A poboación galega cre que ten o peor goberno do Estado
O Índice Europeo de Calidade do Goberno, realizado a través dun estudo con 85.000 persoas de 212 territorios do continente, sitúa a Galicia no último posto das comunidades autónomas do Estado e ao nivel de rexións de Polonia, Italia ou Bulgaria. O inquérito mide a relación cos servizos públicos e a percepción da corrupción.