O PP evita as comparecencias políticas na comisión da corrupción
Os conservadores solicitan a presenza de catorce persoas do ámbito xudicial e do control das contas públicas no órgano que estudará as iniciativas para previr prácticas corruptas. A oposición reclama que acuda Feijóo e outros representantes do ámbito político, económico, social e sindical.