Política
Pachi Vázquez anima a "manifestarse" coas "papeletas do PSdeG como pancartas"
O candidato socialista pechou a campaña acompañado por Rubalcaba en Pontevedra e Santiago, onde reuniu unhas dúas mil persoas. Prometeu "gobernar para as persoas" e coa "verdade" como base, fronte "ás mentiras de Feijoo".
Os partidos pechan a campaña coa vista posta no escano 38
Feijoo en Vigo e Ourense, Vázquez en Pontevedra e Santiago, Jorquera en Vigo, Beiras na Coruña e Bascuas en Ourense celebran os mitins finais dunha campaña que pasou por xornadas de tedio, pero que se foi quentando nos últimos días con Pemex, a folga xeral do 14N e o rescate europeo de fondo.
O BNG chama a "concentrar o voto" para que o PP “perda a maioría que xa non ten na sociedade"
Jorquera pecha a carreira electoral nun intenso mitin marcado polas apelacións a apoiar a quen "ten o seu centro de decisión en Galiza"
AGE remata a campaña con forza, convencida de que será clave para "desaloxar a Feijóo"
Alternativa Galega de Esquerda ateiga o Palexco da Coruña e anima a votar a coalición para "non aturar nin tres días máis" o Goberno do PP e "para quitarse de enriba os fillos do franquismo e de Fraga". "A partir do domingo, esta situación vai rematar", asegura un optimista Beiras.
O 68% dos concellos con bus da Xunta para ir votar son do PP
O Goberno galego fleta 82 autobuses, 165 microbuses, 9 taxis e 1 barco solicitados por 130 municipios a xeito de "transporte institucional" para acudir aos colexios electorais. A proporción de concellos conservadores é idéntica á porcentaxe de gobernos locais que dirixen en Galicia.
O BNG emenda á totalidade as contas do Estado de 2013, "o orzamento da banca"
A nacionalista Olaia Fernández Davila ve nos segundos orzamentos de Rajoy a "claudicación ante Alemaña e os mercados" e vaticina recortes inmediatamente despois das eleccións galegas
Máis de douscentos intelectuais galegos apoian a Alternativa Galega para o 21-O
Entre os asinantes destacan Méndez Ferrín, Alonso Montero, Julián Hernández ou Manuel Rivas. Censuran a política cultural da Xunta e destacan "a unión nun mesmo proxecto de intervención política de dúas tradicións tan insignes coma as que representan hoxe Anova e EU". Listaxe completa dos asinantes no interior.
L´ami du peuple
Millán Fernández
Feijóo saca peito no derradeiro Consello antes das eleccións
O presidente aproveita a xuntanza do Goberno galego previa ás urnas para gabarse da "solvencia" do seu gabinete no pagamento de facturas e para comparar os datos de lumes forestais do seu mandato cos do bipartito. A Axencia Tributaria, aprobada tras catro anuncios. Audio no interior.
A Paz e a Guerra
Carolina Díaz Ripoll
Alfonso Guerra: "Se para baixar o déficit morre a xente, prefiro ter déficit"
O histórico dirixente socialista reforza a campaña do PSdeG na última semana de campaña. Guerra participou en senllos actos en Ourense e na Coruña.