Compromiso fai públicos os seus gastos de campaña
A formación galeguista prevé uns gastos totais duns 120.000 euros, dos que 36.000 proceden dun préstamo e o resto, de achegas, cotas e venda de lotaría
A formación galeguista prevé uns gastos totais duns 120.000 euros, dos que 36.000 proceden dun préstamo e o resto, de achegas, cotas e venda de lotaría
AGE fai rebordar o seu mitin de Compostela con chamadas a "librar un combate para acabar co espolio do noso país" a través do "desaloxo" do PP na Xunta
O candidato do Bloque á presidencia contrapón que para os nacionalistas "o galego é o primeiro" e o PP opta por "first, English". Audio no interior.
O candidato á reelección aproveita actos electorais nas principais cidades para realizar visitas institucionais nas mesmas. Aproveitará o derradeiro Consello antes das votacións para presumir de facturas "pagadas".
A formación liberal aposta por baixar os impostos "para non sacarlle tanto diñeiro aos empresarios" e defende a eliminación de ducias de "chiringuitos" da Xunta, entre eles os Centros de Información á Muller, o Instituto Galego de Vivenda e Solo, Bantegal ou o CGAI e abandonar o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
O candidato do PSdeG subliña que o seu partido leva "moitos anos renovando maiorías cos nacionalistas" en diversas institucións e amósase convencido de que a "desafección co PP" ficará reflectida nas urnas o 21 de outubro
O deputado de IU Alberto Garzón participou este martes en distintos actos de AGE na Coruña e Ferrol e asistiu ao xuízo do Prestige, no que a coalición está personada como acusación. Garzón, moi vinculado á esquerda social a través de Attac, cre inminente o rescate e afirma que "o 15M é unha reivindicación da política no sentido máis clásico"
O candidato de Compromiso cre "indigno" que presidda a Xunta "alguén que non se poría nervioso por devolver competencias a Madrid"
Jorquera promete en Ferrol o desenvolvemento da vixente Lei do Sector Naval e coida que o "valor da palabra de Feijóo" neste ámbito é o mesmo que "a dos cargos do PP" durante a catástrofe do Prestige
O líder de AGE di nun mitin que as retalladas "matan máis xente que ningún grupo terrorista do estado español" e Feijóo reclámalle "respecto para Galicia"
O cabeza de lista do Bloque por Lugo sorprende cos seus heterodoxos discursos, nos que mestura a mensaxe electoral dos nacionalistas con chanzas co público e mesmo cancións