Rajoy pide o voto para Feijóo pero sen Feijóo advertindo do perigo dun "bipartito empeorado"
O presidente do Goberno central acode a un acto con militantes na Coruña sen a presenza do seu candidato en Galicia e carga con dureza contra "a alternativa a cinco" que suporía a perda da maioría absoluta do PP. Ademais, alude "á unidade" de España como receita para saír da crise.