Alternativa colle forzas co apoio das 'Syrizas' europeas
A formación galega recibe o soporte dos líderes europeos da Syriza grega e do Front de Gauche francés nun concorrido mitin na Coruña. Beiras aposta pola "internacionalización do combate contra o actual sistema económico", mentres o voceiro heleno advirte de que o cambio en España "comezará no norte".