Política
Vázquez e Jorquera conflúen no freo aos recortes e diverxen en como afondar no autogoberno
O candidato socialista esfórzase en amosar as súas vías de entendemento co BNG, cuxo candidato subliña a necesidade dun "cambio profundo".
A Xunta Electoral prohíbe un debate entre as mocidades de PP, PSdeG e BNG
A autoridade electoral veta o coloquio previsto en Lugo entre Novas Xeracións, Xuventudes Socialistas e Galiza Nova por non considerar "adecuado" o lugar no que se ía celebrar
O PSOE leva a Castelao Bragaña á Fiscalía e compárao co imán de Fuengirola
Cre que nas declaracións do ex presdiente do Consello Xeral da Cidadanía Española pode existir un delito de "provocación á violencia contra as mulleres" e pide a Feijóo e Fátima Báñez que "se desculpen publicamente polo seu nomeamento".
Os bispos galegos chaman a votar a quen rexeite o aborto e o matrimonio homosexual
Os máximos responsables da provincia eclesiástica de Santiago diríxense aos católicos e tamén á "opinión pública en xeral", animándoos a apoiar o 21 de outubro a quen "promova entre as súas prioridadades a xustiza social, o acceso á saúde e o traballo digno e estable para todos"
PSdeG e BNG ven no posible falseamento do déficit a ratificación de que Feijóo "mente"
Feijóo desdeña un informe do Consello de Contas revelado por El País que reflicte o desprazamento de 400 millóns en facturas de 2010 a 2011. Os socialistas presentan un vídeo electoral para resumir as "mentiras e enganos" do candidato á reelección. Audio e vídeo no interior
A obsolescencia e o futuro
Carolina Díaz Ripoll
Bascuas: "Non manexamos outra hipótese que non sexa entrar no Parlamento"
O candidato de CxG á Presidencia da Xunta amósase convencido de que a súa formación lle disputará ao PP os "últimos escanos da Coruña e Pontevedra" e abre a porta a decidir nunha votación aberta á cidadanía o eventual apoio á formación de goberno
Beiras pide derrotar nas urnas un PP "que xa está derrotado politicamente"
O candidato de Alternativa Galega insiste nunha "rebelión cívica que xa está en marcha", mentres Yolanda Díaz apela aos votantes descontentos do PSdeG e incide nos malos datos económicos dun Feijóo "mentireiro e insolvente".
Pachi Vázquez aproveita máis ca Feijóo un debate marcado por Pemex e o paro
O aspirante á reelección asegura no primeiro cara a cara que os contratos da petroleira mexicana non poden ser amosados porque quedarían anulados. O cabeza de cartel dos socialistas pide apoio para "rescatar as familias en vez de aos bancos"
CxG pide a dimisión do alcalde de Ponteareas, imputado por prevaricación
Compromiso propón que todos os cargos públicos imputados por algún delito abandonen automaticamente os seus postos. Salvador González Solla está acusado de non concederlle unha licenza de actividade a Ecocelta de forma arbitraria.
A Xunta incumpre a Lei Electoral por oitava vez
A Xunta Electoral volve sancionar o Goberno galego polo uso partidista dos actos institucionais en plena campaña electoral. Desta vez, considera ilegal a visita da conselleira de Sanidade ás obras do Hospital de Vigo.