Os controis legais fan que a participación do censo emigrante no 21-O non chegue ao 4%
Menos de 15.000 das case 400.000 persoas inscritas no CERA solicitan emitir o seu voto para o 21 de outubro. En 2009, antes da reforma electoral que o Goberno central xa prevé derrogar, a participación foi do 30%