Francisco Rodríguez non dimitirá a pesar de que o BNG lle retira o seu apoio
O alcalde reafirma a súa inocencia. Pero ante o anuncio do Bloque, que o insta a "abandonar a alcaldía para non causar prexuizo á institución”, afirma que "se se perde a maioría haberá que tomar a decisión correspondente". Sectores do PSdeG tamén estarían presionando para que abandone o seu posto e Rubalcaba afirma que o partido tomará este luns unha decisión.