As pezas do taboleiro electoral do 21-O
O 21 de outubro vinte e seis formacións políticas optán ao voto do electorado galego, trece delas en todo o país. Velaquí os seus candidatos e candidatas.
O 21 de outubro vinte e seis formacións políticas optán ao voto do electorado galego, trece delas en todo o país. Velaquí os seus candidatos e candidatas.
O candidato do BNG contrapón medidas como o pagamento da paga extra ao persoal do Concello de Pontevedra co "libro en branco" que, di, supuxo a xestión do PP na Xunta
O líder de Anova asegura que a coalición "non se trabucará de inimigo" e cre "imbécil" a Feijóo por afirmar que, se o PP perde a maioría, en Galicia reinará o "desgoberno"
Benestar presenta a primeira carta de servizos da Lei da Dependencia, con prazos máximos para valoración e atención que, en caso de seren superados, só deixan lugar a unha "reclamación" que sirva de "tirón de orellas" para o Goberno galego
A CIG denuncia que a Administración está a "forzar os seus traballadores a facer campaña a prol do PP". "A Xunta traballa ao ritmo e en función da campaña electoral", denuncian fontes coñecedoras das denuncias, que advirten da paralización de expedientes sancionadores ou da aceleración de procesos "que teñan repercusión positiva" na sociedade.
A Secretaría Xeral de Medios suma case 80.000 aos fondos para as subvencións a empresas xornalísticas para "mantelas en niveis axeitados"
Na fronte de esquerdas Anova e Esquerda Unida reparten os candidatos ao 50%. Beiras encabeza a candidatura pola Coruña, na que Yolanda Diaz será a número dous.
O Goberno de Feijóo é o primeiro da historia autonómica en non lograr traspasos de competencias
O pouco peso nas listas da familia Baltar, a amizade do barón popular con Mario Conde e o enfrontamento mediático que Feijóo ten co xornal producen intranquilidade no oficialismo popular. Non se descarta que os alcaldes da zona rural fagan "folga de brazos caídos” ante a escasa presenza do sector 'da boina' na lista que encabeza Jesús Vázquez.
Directivos do Goberno galego integrados nas candidaturas conservadoras desenvolveron actos oficiais durante tres días tras o Consello que os destituíu. A conselleira de Traballo, cabeza de lista na Coruña, denunciada na Xunta Electoral polo PSdeG.
Os socialistas coidan que o candidato á reelección "mente ata cando di que non mente" mentres o PP evita aclarar se pactaría con Mario Conde
A central nacionalista asegura que desde o Goberno "se están poñendo funcionarios a traballar na campaña electoral e a elaborar e manipular informes para atacar a oposición".