Política
Jorquera propón unha lei de consultas para que a cidadanía decida "cuestións cruciais"
O BNG aposta por actos de pequeno formato que implican diálogo directo entre o seu candidato á Xunta e a veciñanza de diversas poboacións do país
Feijóo abre o carrusel de promesas á emigración e advírtea do risco de "desgoberno"
O presidente e candidato á reelección asegura en Montevideo que aprobará a Lei de Galeguidade neste ano e gábase de terlles proporcionado asistencia sanitaria aos emigrantes. Pachi Vázquez chega a Bos Aires e lembra o peche do centenario Hospital Galego da cidade.
Bascuas, candidato de CxG á Xunta: "Imos ser a gran sorpresa"
As primarias de Compromiso sitúan o seu secretario xeral como aspirante á Presidencia e número un na Coruña. Cuiña, Pérez Bouza e Marrube encabezan as listas de Pontevedra, Ourense e Lugo.
PP, PSdeG e BNG sentan o martes a negociar os debates electorais
Os responsables de campaña das tres forzas parlamentarias abordarán a organización de dous encontros 'cara a cara' sen que estea pechada, polo momento, a porta a organizar algún máis
O BNG chama a "avanzar na soberanía nacional", algo que só pode facer "unha forza sen tutelas alleas"
O Consello Nacional da formación aprobou por ampla maioría as candidaturas para o 21-O. Jorquera fixo fincapé en que Galicia debe "dar un paso adiante" ao igual que Euskadi e Catalunya.
Mario Conde anuncia que se presenta ás eleccións imitando o acento galego
O seu partido, Sociedad Civil y Democracia, celebrou o seu congreso no Pazo de Congresos de Compostela, que rexistrou media entrada. O ex banqueiro será o número un pola Pontevedra, mentres que Francisco Javier Fernández Tarrío encabezará a lista pola Coruña despois de abandonar a Executiva provincial do PP.
Vázquez lanza o PSdeG á procura do "goberno de progreso que free a dereita insensible"
O candidato socialista apela a deixar de lado a "resignación" e advirte de que se gobernan "Rajoy e ao seu correspondente en Galicia" o PP terá "vía libre" para continuar a recortar
A pantasma dum tripartito
Pepe Arias
Pachi Vázquez: "Manexamos datos que confirman a posibilidade de cambio en Galicia"
O candidato do PSdeG á Xunta lanza os seus candidatos a percorrer as comarcas do país mentres asegura ver a Feijóo "desnortado" e pensando "só en salvar os compoñentes do Goberno" ante unha posible derrota
Feijóo 'premia' a Mato e Jesús Vázquez e fainos cabezas de lista do PP
A conselleira de Sanidade, única compoñente do Goberno galego que fica fóra das candidaturas dos conservadores, inzadas de altos cargos da actual Xunta
Beiras cualifica as apelacións ao voto do medo como "a demagoxia propia do fascismo"
Anova e Esquerra Unida i Alternativa mantiveron un encontro este venres en Compostela. O 80% dos militantes de Esquerda Unida ratificaron en referendo a coalición de Alternativa Galega