Unha manifestación que marca un antes e un despois en Catalunya
Artur Mas vén de comparecer de urxencia para afirmar que "o clamor de onte foi claro, pero moi normal. Unha nación que pide, simplemente, ter un Estado para poder progresar” e para reivindicar de novo o pacto fiscal. Mas asegura que xa hai unha maioría independentista en Catalunya e ameaza con convocar eleccións se o pacto fiscal é rexeitado.