Política
Feijóo di que o seu programa "non é do PP nin busca votos" e si "saír da crise"
O candidato popular pide incluso desculpas aos seus militantes "se non se ven reflectidos" na folla de ruta electoral. "O único que lles pido é que lean ben o programa, para que entendan que é o programa da maioría", asegura, logo de asegurar que "non hai nada gañado".
Jorquera aposta por "poñer Galicia a producir" para saír da crise
O candidato do BNG á Xunta basea o seu programa na defensa rotunda dos servizos públicos e no avance "cara á soberanía" e reclama un cambio de rumbo claro nas políticas económicas da dereita.
Pachi Vázquez chama a "parar a dereita" para facer "unha Galicia distinta"
O candidato socialista á Xunta cre que nas eleccións galegas decídese se se "lexitima o último arreón de Rajoy contra o Estado social" e aclara que Caamaño é "un máis" no partido e que o importante é "formar o mellor equipo" de cara aos comicios.
Os ecogaleguistas reparten culpas polo "fracaso" da fronte ampla
Espazo Ecosocialista, un dos membros de Compromiso por Galicia, lamenta "que non se dera unha ampla alianza nacional e democrática" e anuncia "un periodo de reflexión" que rematará cunha asemblea extraordinaria na que decidirá o seu futuro.
Compromiso carga contra EU e Beiras, que deixa a "porta aberta" para que entre na coalición
CxG acusa a EU de "vetalos" na coalición e ao líder de Anova de estar "obsesionado" con encabezar as listas. Beiras responde aclarando que non ten ningunha ambición persoal e convida aínda a formación de Bascuas -e incluso o BNG- a unirse á fronte electoral.
Feijóo fía a reelección ao déficit e ao 'medo' aos pactos de goberno
O PP lanza a precampaña equiparando o seu cabeza de cartel con Fraga ou Castelao e cargando con dureza contra PSdeG, BNG e o pacto de Anova e EU. Os dirixentes provinciais do partido equiparan o candidato á reelección con Fraga e Castelao.
Compromiso non estará en Alternativa Galega
A formación galeguista non estará xunto a Anova e Esquerda Unida na fronte ampla. "A coalición xa estaba feita, o noso sería unha adhesión", asegura o secretario xeral, Xoán Bascuas, logo de longas horas de xuntanzas. Beiras encabezará a lista da fronte pola Coruña, mentres que Yolanda Díaz sería a número dous.
O PP axita a posibilidade de que "os comunistas gobernen" para instar a apoiar a Feijóo
Os conservadores presentan Galicia por riba de todo como lema de precampaña e A Mesa "lamenta o seu cinismo" despois de "levar tres anos a patadas co galego". Audio no interior.
O BNG promete recorrer dende a Xunta a liberalización de horarios comerciais
Jorquera comprométese a limitar a instalación de grandes superficies en Galicia nunha intervención na que alerta do risco democrático de que os membros do Parlamento non cobren polo seu labor, como propón María Dolores de Cospedal
Anova e EU apuran os prazos para estudar o encaixe de CxG na coalición
Sectores de Esquerda Unida dubidan de que Compromiso poida compartir un programa "completamente de esquerdas e anticapitalista" mentres que outros apostan por continuar as negociacións tras o rexistro formal da alianza. A formación de Beiras desbota a existencia de "vetos" por ningunha banda
O ilusionante reto do movemento polo ben común
Manoel Valcárcel