A policía constata numerosas eivas de seguridade nas ambulancias do 061 en Galicia
Unha inspección no marco dunha investigación xudicial certifica que todos os vehículos analizados excedían o peso permitido, algún deles con ata 900 quilos de máis. O informe pericial advirte de fallos que afectan a seguridade vial e "aumentan drasticamente" a "probabilidade de accidentes".