Política
Os 1.942 días de Mariano co “veleno dentro”
A agonía de Rajoy fíxose interminable froito da debilidade da democracia española, a súa lendaria resistencia herdada de Albor e os erros encadeados dos rivais. Agora acelerouna a sentenza que confirma a veracidade dos papeis de Bárcenas e que pon en perigo a súa continuidade, polo incerto camiño da moción de censura ou polo seica máis viable pero moi complexo de que se forcen eleccións axiña. Por Anxo Lugilde.
A investigación xudicial de Angrois volve estancarse aos dous anos da súa reapertura
O 26 de maio de 2016 a Audiencia da Coruña ordenaba ao xulgado pescudar se Adif analizou como debía os riscos da curva, pero a folga na Xustiza paralizou varias declaracións de imputados e testemuñas e aínda non se coñece un informe clave da Axencia Ferroviaria Europea
Arrasan a mazadas a sede de Marea Atlántica
Varios descoñecidos provocaron numerosos desperfectos en todo o local que a formación ten na praza do Humor da Coruña
As ordes da TVG sobre a sentenza da Gürtel: “40 segundos de vídeo como máximo”
VÍDEO | A cobertura da sentenza durou finalmente 76 segundos entre a presentación e o vídeo, obviou os detalles da condena ao PP e ocultou que Pablo Crespo foi número 3 do partido en Galicia
O PSOE activa a moción de censura contra Rajoy como resposta ás condenas da Gürtel
O Grupo Socialista no Congreso rexistrou a iniciativa con Pedro Sánchez como candidato antes de iniciar a xuntanza da Executiva do PSOE que debaterá os detalles. A data do debate que podería desbancar o PP do Goberno de España queda nas mans de Ana Pastor
- Feijóo reduce o caso Gürtel a que Bárcenas “non foi un tesoureiro moi exemplar e iso puido contaminar o PP"
- INTERACTIVO | Posibles combinacións de votos para que a moción saia adiante
- “Os certificados de credibilidade repártenos os cidadáns”, di Rajoy despois de que a Audiencia dubidase do seu testemuño
Maio do 68, mirando ao futuro sen nostalxia
Xaquín Pastoriza
A sentenza de Gürtel describe fraude no PP dende a súa fundación
O ditame sobre a trama corrupta é a primeira sentenza que alude a unha "caixa B" do Partido Popular como sistema de financiamento con diñeiro negro. O tribunal admite que a "contabilidade paralela" no é a cerna da súa sentenza, pero considéraa "contexto" neceserio para explicar a rede Gürtel
A Comisión Europea asume a integración de Galicia no Corredor Atlántico ferroviario
O Eixo Atlántico de cidades da eurorrexión reúnese co coordinador da rede europea de transportes que lles comunica que o 6 de xuño se iniciará o procedemento que debe levar á mellora do transporte de mercadorías
A oposición en Galicia pide "consecuencias políticas" para Rajoy e o PP
En Marea cre que "non se pode aceptar nin un segundo máis" que o PP siga á fronte do Goberno central e apoia unha moción de censura, o BNG pide a dimisión de Rajoy e o PSdeG cre que o ditame é "unha labazada terrible aos populares".
Feijóo reduce o caso Gürtel a que Bárcenas “non foi un tesoureiro moi exemplar e iso puido contaminar o PP"
O presidente evita responder se a sentenza debe implicar responsabilidades políticas e obvia a condena a 37 anos a quen foi secretario de Organización do PP galego o propio Feijóo mantivo en Portos de Galicia
A sentenza da Gürtel condena os líderes da trama e certifica o financiamento do PP con diñeiro negro
Máis de 50 anos de cadea para Correa, 33 para Bárcenas e 37 para Pablo Crespo, ex-número tres do PPdeG. O Partido Popular, condenado "a título lucrativo" nun ditame que é un catálogo da corrupción con todos os delitos posibles: só os 28 de prevaricación suman 194 anos de inhabilitación.