"A prisión permanente é unha medida propagandística que non afecta á redución de delitos graves"
O Goberno de España inicia o proceso para aumentar os delitos susceptibles de seren castigados coa cadea perpetua revisable. O voceiro en Galicia de Xuízas e Xuíces para a Democracia, Xermán Varela, alerta de que por tras desta figura punitiva está "a mesma filosofía que na pena de morte: eliminar unha persoa da vida social de forma completa e para sempre"