A comisión de investigación de Angrois leva catro meses bloqueada no Congreso
A creación aprobouse a finais de setembro logo do cambio de criterio do PSOE, pero aínda non se constituíu. Fontes parlamentarias atribúen o atraso á falta de acordo para elixir quen preside a comisión de investigación do sinistro do Alvia.