O Parlamento ten sobre a mesa dende hai un mes unha petición de homenaxe aos galegos presos nos campos nazis
A ARMH rexistrou o 21 de decembro unha solicitude para que o 27 de xaneiro sexan recoñecidos os 179 prisioneiros, dos que 122 faleceron en lugares como Mauthausen. A entidade salienta que aínda non recibiu resposta. A presidenta da Asemblea de Madrid negouse a nomear os 546 madrileños que foran enviados aos campos de exterminio.