O día que o Discoverer Entrerprise lle regalou a Audasa 25 anos máis de concesión da AP-9
O 13 de xaneiro de 1998, hai 20 anos, esta plataforma petrolífera destruíu a Ponte das Pías. En resposta ao caos xerado, Fomento encargou a ampliación da autoestrada ata Ferrol. A cambio desta obra e da supresión da peaxe no treito Vigo-Teis, a empresa obtivo a posibilidade de seguir cobrando en toda a vía ata o ano 2048, un cuarto de século máis.