Política
A "chantaxe" de Rajoy na negociación dos orzamentos deixa no aire 321 millóns para Galicia
O Goberno central presiona a través de Montoro conxelando este pagamento ata que o PP xunte maioría para aprobar os Orzamentos de 2018. O PSdeG esixe a Feijóo que "reclame" os 321 millóns que Galicia debe ingresar; En Marea e BNG ligan o perfil baixo da Xunta no asunto á "irrelevancia" do presidente
Así acaba parte do beneficio das peaxes da AP-9 en paraísos fiscais
As portaxes da Autoestada do Atlántico alimentan unha cadea empresarial que remata nas Bermudas e noutros territorios coa consideración de paraíso fiscal. Se sae adiante a venta da matriz de Audasa, a proporción do beneficio que acaba nestes países opacos ao fisco pode medrar
Outra oportunidade perdida
Juan Carlos Piñeiro
O Supremo descartou excarcerar a Junqueras por non comprometerse coa Constitución
O tribunal descartou calquera opción de liberar o líder de ERC ao coincidir apelación no listón que Llarena impuxo a Forcadell: renunciar a calquera actividade "fóra do ordenamento constitucional". Os tres maxistrados ven insuficiente a súa apelación ao "diálogo"
A Xustiza censura a privatización dos parques de bombeiros da Deputación de Ourense
Acepta parcialmente o recurso presentado pola CIG e aprecia "vicio ou defecto formal" no procedemento seguido na externalización ao negarse a negociación colectiva, non subrogarse todo o persoal nin equiparar o salario ás mellores condicións antes da fusión
O informe da Xunta sobre o Brexit nin menciona que Galicia optase a acoller o laboratorio europeo de bivalvos
O documento, remitido ao Parlamento o pasado decembro, si admite que o Brexit pode supoñer un "duro golpe" para a "política de cohesión" da UE. O Goberno galego defendeu a suposta candidatura sen que nunca chegase a rexistrarse e mentres España votaba a prol do peche do laboratorio
Freud en Catalunya
Xurxo Borrazás
A Xunta acumulou 500.000 euros de débeda con residencias privadas ás que envía adultos aos que tutela
A Fundación Galega para a Tutela de Persoas Adulta admite que tivo que contratar prazas privadas cun "custo moi elevado" para poder cumprir coas súas obrigas, dando en xerar unha elevada débeda. Política Social afrontouna con fondos das axudas para o coidado de menores de 3 anos
Avanzar dende o conquistado
Colectivo Acordo
O PP asegura ter garantías da construción do AVE Ourense-Lugo que Fomento xa desbotou
O PSdeG coida que os populares viaxaron á sede de Adif para "certificar a defunción do AVE a Lugo mentres goberne o PP". O secretario xeral do Eixo Atlántico ve no encontro "unha falta de respecto" a "todos os sectores que loitamos por que Lugo teña comunicacións modernas"
Rajoy inaugura a ampliación da AP-9 por segunda vez en catro días
O presidente do Goberno central e o da Xunta repiten boa parte dos seus discurso nuns actos a poucos quilómetros do lugar de descanso de Rajoy nos que este aproveitou para lanzar mensaxes sobre Catalunya e a caída do paro